Microsoft e Facebook unirán Estados Unidos e Europa cun novo cable submarino que cruzará todo o océano Atlántico, unindo Virginia Beach e Bilbao (aproximadamente, 6.600km).
O cable terá outro pares de liñas de fibra para unha velocidade de 160Tbps. Cos seus 6.600km aproximados converterase no cable submarino con maior capacidade no Atlántico.
A pesar de que tratamos, na medida do posible, de empregar comunicacións sen fíos (wifi, 3G…), o 99% das comunicacións transoceánicas realízanse por aí: chamadas internacionais, mensaxes, transmisións que se realizan na internet… todo iso circulando polos arredor do millón de quilómetros de cables submarinos que existen por todo o mundo.
O primeiro cable transatlántico tendeuse en 1866, por mor do telégrafo, e estivo en funcionamento ata que chegou o cable telefónico (1956). A partir da década de 1980 desprégase a fibra óptica, material do que están feitos hoxe os cables submarinos.
Como é o cable?
O cable ten o grosor dun brazo humano, como se pode ver na imaxe
Vantaxes do cable con respecto ao satélite
Velocidade: os cables submarinos conseguen unha velocidade ata oito veces superior á que se espera coa rede de satélites
Resistencia ante inclemencias meteorolóxicas. Ao satélite aféctanlle as perturbacións meteorolóxicas, mentres que o cable descansa no leito mariño, e resulta unha infraestrutura máis fiable e rápida. Por suposto, tamén pode haber actos de sabotaxe ou mesmo verse afectados por terremotos, pero, con todo, son máis estables.
Proximidade cos puntos de conexión. Cubrir calquera tramo con cable de fibra resulta sempre un percorrido máis curto que a distancia ata un satélite, que adoita estar por encima dos 36.000 quilómetros (a información ten que subir e baixar, a viaxe dos datos é dobre). Lembra que o cable transatlántico ten 6.600km.
A construción do cable que tenderán Facebook e Microsoft comezará en agosto de 2016 e planéase que para outubro de 2017 poida estar operativo.
Queres ver onde están os cables? Consúltao en TeleGeografphy, na súa infografía actualizada a data 2015.
The post Microsoft e Facebook unirán EE.UU e España cun cable submarino. Que son os cables submarinos? appeared first on Xente Dixital.