Quantcast
Channel: XD a fondo – Xente Dixital
Viewing all articles
Browse latest Browse all 50

O dispostivo do mes | Pulseiras intelixentes

$
0
0
Fonte: androidayuda

Primeiro chegaron os teléfonos intelixentes, e agora xa temos pulseiras intelixentes, e mesmo reloxos intelixentes. Os dispositivos intelixentes son cada vez máis comúns nas nosas vida. De feito, ata Google ten un termóstato intelixente para poder regular dende o teléfono móbil a temperatura do noso fogar.

Fonte: androidayuda

Imaxe dunha pulseira intelixente impermeable. Fonte: androidayuda

Cando os aparellos intelixentes están deseñados para levalos connosco de maneira natural referímonos aos mesmos como tecnoloxía de levar posta (ou, como se di en inglés, “wereables”)

Que son as pulseiras intelixentes?

As pulseiras intelixentes resultan da tradución do termo inglés “smartband” e fai referencia aos dispositivos tecnolóxicos que podemos levar postos como pulseiras. De feito, adoitan ter a mesma forma e, aínda que son máis chamativas, tamén teñen unha función estética, dada a súa vistosidade

Xa, pero… para que serven?

Este tipo de trebellos serven, habitualmente, para controlar algunhas funcións dos teléfonos móbiles e para monitorizar a actividade física diaria.

Conexión co teléfono móbil: este tipo de trebellos non teñen utilidade sen estar emparellados a un teléfono móbil; así é como se multiplican as posibilidades. De feito, unha das maiores vantaxes destes trebellos consiste en recibir as notificacións do teléfono na propia pulseira; en moitos casos evitarás ter que sacar o teléfono en público

Medindo a actividade física: a meirande parte destes trebellos teñen unha función de podómetro: contan os pasos ao longo do día, as calorías queimadas e ata o recorrido efectuado durante todo o día. Algunhas pulseiras ata inclúen un sensor para medir o ritmo cardíaco. De noite, é habitual que poidan medir a calidade do soño. Neste sentido, unha función interesante é a alarma silenciosa: grazas á vibración, podes establecer unha alarma que te esperte sen emitir ningún son (ideal para persoas que non durman soas no mesmo cuarto).

A parte negativa é a duración da súa batería. Aínda que é superior á dos teléfonos móbiles, é outro trebello que necesitará pasar polo cargador antes ou despois.

Que modelos existen?

Actualmente hai xa moitos modelos no mercado. Practicamente cada casa ten o seu modelo propio: Sony, Samsung ou Huawei, por exemplo, posúen pulseiras propias compatibles coa meirande parte dos teléfonos móbiles.

O prezo destes trebellos é variado; o rango de prezos varía entre os 50€ e os 150€; no entanto, existen modelos de fabricación chinesa para todos os petos. Cabe destacar a Xiaomi MiBand que, por uns 20€ ofrece a meirande parte das características destes aparellos, e unha duración da batería de ata un mes.

E ti, xa probaches algunha pulseira intelixente?

The post O dispostivo do mes | Pulseiras intelixentes appeared first on Xente Dixital.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 50

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú