Quantcast
Channel: XD a fondo – Xente Dixital
Viewing all articles
Browse latest Browse all 50

Debullando a tecnoloxía | O Bluetooth

$
0
0
Bluetooth-logo

O Bluetooth é algo que teñen todos os teléfonos modernos; conectividade sen fíos en todos os trebellos, pero… que sabemos realmente desta tecnoloxía? Hoxe tratamos de disipar algunhas dúbidas ao respecto.

Que é o Bluetooth?

O Bluetooth é unha tecnoloxía de transmisión de voz e datos sen fíos entre diferentes dispositivos que emprega a banda dos 2,4Gh.

Basicamente, elimina os cables e conectores entre dispositivos que poidan comunicarse entre si a través desta tecnoloxía, por iso é moi empregado, por exemplo, en auriculares ou sistemas de mans libres para coches, en ratos para ordenador e mesmo teclados sen fíos.

De onde ven o nome?

Fonte: http://muyqrioso.com/

Fonte: http://muyqrioso.com/

O nome, que en galego podería traducirse por “dente azul” procede dun rei danés e noruegués (Harald Blåtand) coñecido por unificar as tribos da súa terra; desta maneira, a analoxía cunha tecnoloxía que permitía unificar as comunicacións sen fíos é evidente.

Que vantaxes ofrece?

As vantaxes desta tecnoloxía son moitas; en primeiro lugar, a súa forte implementación en teléfonos móbiles (todos os smartphones teñen algún sistema de Bluetooth máis ou menos sofisticado) permite que os equipos se poidan conectar entre eles.

Non precisamos cables nin conectores para que dous equipos con Bluetooth poidan comunicarse.

A comunicación entre equipos, sempre que nos situemos nun rango de acción axeitado, está garantida, e con boa estabilidade (ao contrario que podía suceder cos infravermellos)

distanciabluetoothQue distancia de transmisión ofrece?

O rango de alcance é máis limitado que outras tecnoloxías. Está deseñado para conexións a curta distancia, xeralmente non superior aos poucos metros. Se é posible, é mellor evitar os obstáculos físicos entre os dispositivos que empregan esta tecnoloxía.

Ten outras limitacións?

As velocidades de transmisión son moi lentas; non é recomendable para o envío de arquivos pesados (por iso se recomenda para transferencia de datos máis sinxelos, como contactos, ou a propia voz).

Ata fai pouco o consumo de batería era un inconveniente, se ben na versión 4.0 desta tecnoloxía mellorou moito este aspecto.

Para que a comunicación sexa óptima, é recomendable que non haxa obxectos físicos que se interpoñan entre os dispositivos (por exemplo, paredes).

Pero… non sería mellor empregar a tecnoloxía wifi?

Depende do seu uso. Bluetooth é moi cómodo para emparellar dispositivos que se empreguen regularmente xuntos (como un mesmo rato no ordenador, ou uns auriculares), sobre todo agora que o consumo de enerxía é moito máis reducido. A sincronización entre os dispositivos conectados adoita ser máis sinxela (en moitos casos é automática)

A wifi ten unha mellor cobertura e ancho de banda, polo que é axeitada para grandes transmisións de datos… como conectarse a internet.

Coñecías a tecnoloxía Bluetooth? Emprégala en algún trebello?

The post Debullando a tecnoloxía | O Bluetooth appeared first on Xente Dixital.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 50

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú